Voluntariado Interxeraciona EntrePares 2025

"Entre Pares" en San Xoán de Río: Voluntariado Interxeracional para a Revitalización do Rural

O Concello de San Xoán de Río, a través do proxecto de Voluntariado Interxeracional "Entre Pares", impulsa unha iniciativa para fomentar a innovación e as novas oportunidades mediante a colaboración activa entre a mocidade e as persoas maiores do municipio.

Descrición, Obxectivos e Resultados 

Este proxecto busca ser unha experiencia piloto no ámbito rural ourensán, abordando o despoboamento, a lonxevidade e a dispersión poboacional que afectan a San Xoán de Río. O obxectivo xeral é fomentar a cohesión social, a transmisión de coñecementos e a revitalización do territorio mediante a combinación de tradición e innovación, contribuíndo a frear o despoboamento e xerar riqueza en San Xoán de Río.

Liñas de Actuación e Resultados Previstos:

O proxecto, que se desenvolveun ao longo deste ano 2025, contou coa participación de 4 voluntarios/as divididos en 2 parellas interxeracionais:

* LIÑA DE ACTUACIÓN: AGROALIMENTARIA

Obxetivos específicos: Promover a agricultura ecolóxica e a gastronomía local, valorizando os produtos da terra e creando receitas innovadoras.

Resultados Previstos: 1 menú deseñado e catado con produtos cultivados na horta.

* LIÑA DE ACTUACIÓN: TURÍSTICA

Obxetivos específicos: Poñer en valor o patrimonio construído, identificando e promovendo a rehabilitación de vivendas tradicionais para alugueiro e o turismo rural.

Resultados Previstos: 2 novas rutas deseñadas 

20 vivendas catalogadas e susceptibles de rehabilitar con destino ao alugueiro

* LIÑA DE ACTUACIÓN: COHESIÓN TECNOLÓXICA E DIXITAL

Obxetivos específicos: Reducir a fenda dixital capacitando ás persoas maiores e fomentando a creación de contidos dixitais que visibilicen a vida e as tradicións locais.

Resultados Previstos: 1 web realizada 2 campañas de difusión organizadas.


Financiamento e Apoio Europeo

Este proxecto foi posible grazas ao apoio financeiro da Unión Europea a través do instrumento NextGenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A operación está promovida polo Concello de San Xoán de Río e cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

O Valor da Colaboración

"Entre Pares" é unha oportunidade para que a mocidade adquira habilidades prácticas en agricultura, patrimonio e novas tecnoloxías, mentres que as persoas maiores se sintan valoradas e útiles ao transmitir o seu coñecemento e experiencia, fortalecendo así os lazos sociais e comunitarios en San Xoán de Río.