Finalidade do servizo:
Servizo para a mocidade integrado na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil da Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar, Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
A súa función é a de proporcionar ós mozos do Concello información, asesoramento e documentación de temas do seu interese como a educación, cultura, viaxes, ocio, emprego, idiomas, cursos, estudos, programas europeos etc; organizando dende esta unha serie de actividades xuvenís e de tempo libre co fin de promocionar a participación dos mozos na vida sociocultural.
- Descrición das áreas de traballo:
Información e asesoramento á xuventude
- Descrición dos programas que desenvolven:
- Actividades orientadas á xuventude.
- Axudas e subvencións.
- Vivenda xove.
- Expedición do Carne Xove Euro <26(Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega(12 a 30 anos), que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país).
- Outras convocatorias.