Punto de Informacion catastral
O PIC (Punto de Información Catastral) é un servizo que vén prestando dende hai pouco tempo o concello de San Xoán de Río en virtude da sinatura dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Economía e Facenda. Este é un dos primeiros concellos en prestar este servizo gratuíto a todos os seus veciños/as.
A necesidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral de quen non dispón dos medios informáticos e telemáticos apropiados, xustifica o establecemento dos Puntos de Información Catastral que ofrecen ao cidadán todas as vantaxes da Oficina Virtual do Catastro sen ter que desprazarse ata Ourense, no caso do noso municipio, para obter información.
Os servizos aos que se pode acceder desde o Punto de Información Catastral do concello de San Xoán de Río son os seguintes:
- Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativo aos bens inmobles da súa titularidade.
- Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
- Información de cambio de titularidade dos bens rústicos ou urbanos.
- Calquera outro servizo de consulta e certificación que se implanten no futuro.