Saúdo do alcalde

É para min un honor recibirvos neste Concello virtual no que queremos que se converta esta páxina Web, símbolo dos novos tempos e dos avances tecnolóxicos que tamén chegan ao noso territorio.
Quero dende aquí convidarvos a facer unha viaxe por este camiño virtual no que podedes atopar información de San Xoán de Río, pero no que  tamén podedes comunicarvos con nos, facernos peticións e suxestións nun intercambio que sempre será fructífero, sobre todo, para os que temos a obriga de estar ao servizo dos cidadáns  e de escoitar o que eles teñen que dicirnos.  

O noso traballo dende o Concello só ten sentido se os veciños e veciñas son escoitados e se teñen a certeza  de que esta Entidade está a seu servizo .    

Queremos tamén que esta páxina sexa unha proba tanxible do  noso labor diario. A máxima transparencia é o noso obxectivo. O que fai esta Alcaldía e os órganos de goberno terá un espazo permanente que permitirá aos veciños e veciñas, pero tamén a@s nos@s visitantes coñecer o día a día do noso traballo.  

A tecnoloxía permite traspasar fronteiras sen pasaporte e por elo quero tamén dende esta páxina enviar unha aperta agarimosa a todol@s sanxoanrienses que andan polo mundo. Dende aquí poderán manter un contacto permanente que os cure da súa morriña e os manteña permanentemente informad@s do que  estamos a facer para que o noso Concello continúe presente e activo na vida política, social, económica e culturaldo país.    

 

  Unha fonda aperta para tod@s.