O programa «En Rede 2026» impulsa a igualdade e a autonomía de 150 mulleres de San Xoán de Río e Larouco
A iniciativa de intervención comunitaria e apoio psicosocial, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e a Xunta de Galicia, pecha a súa quinta edición cunha valoración superior ao 98 %.
Os municipios de San Xoán de Río e Larouco completaron con éxito a execución do programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero «En Rede 2026», unha iniciativa desenvolvida baixo o sistema de xestión compartida que prestou acompañamento directo e integral a 150 mulleres da contorna rural. O proxecto contou co financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e cun cofinanciamento do 60 % da Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2025 (código de procedemento SI435A).
Atención de proximidade e apoderamento no medio rural
O programa, levado a cabo entre os meses de xuño e setembro de 2026 nas instalacións municipais e domicilios de San Xoán de Río e Larouco, tivo como finalidade mellorar a situación persoal, social e laboral de mulleres en situación de vulnerabilidade, facendo fincapé na rotura do illamento xeográfico e a soidade non desexada
Para acadar estes obxectivos, un equipo técnico multidisciplinar (educadoras sociais, monitorado de formación e deportivo, e unha experta en igualdade) puxo en marcha catro liñas de actuación complementarias:
- Atención individualizada a mulleres: 25 edicións (50 horas en total) centradas na intervención psicosocial individual, apoio emocional e acompañamento a domicilio.
- Espazos cocreativos: 25 sesións prácticas (50 horas lectivas) adicadas á dinamización artesanal, elaboración de cosmética natural, remedios tradicionais e sostibilidade.
- Muller e saúde: 25 obradoiros grupais (50 horas) orientados ao coidado da saúde integral feminina, corrección postural, reforzo do chan pélvico, pilates e risoterapia.
- Participación cidadá: 20 xornadas de dinamización comunitaria (100 horas lectivas) que incluíron andainas saudables, dinámicas de gamificación e a creación dun espazo de radio comunitaria.
En estrito cumprimento das bases reguladoras da convocatoria, todas as actuacións integraron de xeito transversal módulos formativos específicos para fomentar a igualdade de oportunidades e a erradicación das violencias machistas:
Os resultados acadados certifican a consolidación de «En Rede 2026» no seu quinto ano consecutivo de actividade no territorio, rexistrando un nivel de satisfacción veciñal superior ao 98 % nas enquisas finais de calidade. Entre os principais logros acadados destacan o reforzo da autoestima, a mellora do benestar físico e emocional, o fortalecemento das redes veciñais de solidariedade e o feito de que o 100 % das participantes recoñeza e saiba activar os recursos de apoio e seguridade fronte á violencia machista.
Información sobre o financiamento público do proxecto:
Programa: Axudas e subvencións a entidades locais: Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero (Procedemento SI435A) da Xunta de Galicia.
Entidades beneficiarias: Concello de San Xoán de Río e Concello de Larouco (sistema de xestión compartida).
Financiamento institucional: Cofinanciado nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027; Obxectivo político 4 («Unha Europa máis social e inclusiva»); Prioridade 2 («Inclusión social e loita contra a pobreza»); Obxectivo específico ESO4.8; Medida 2.H.03 («Programa de atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade»); e pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.